BENVIDOS AO CURSO 21/22

 

O equipo de deporte escolar quere dar a benvida a tod@s ao curso deportivo 21/22. Esperamos que sexa un curso cheo de actividade física saudable, alimentación sa e mente feliz, con moitas sorpresas...

Por outra banda, queremos enviarlle un biquiño de despedida ás profes Raquel e Noelia, ás que imos botar moito de menos no noso equipo, pero sabemos que van seguir traballando moito en outros equipos do colexio. Os profes Xosé, a profe Puri, a profe R.Bea, a profe Lore, a profe Patri e a Profe Bea esperamos que sexa un curso de moitas actividades deportivas.

Desexamos que este curso siga a ser para toda a nosa Comunidade Educativa un ano cheo de " Promocións de hábitos de vida saudables, felices e sostibles".