A educación emocional a través do Mindfulness

 A educación emocional a través do Mindfulness

Este curso dentro do Proxecto Erasmus+, levamos a cabo un curso de formación para mestres e levamos á aula o Mindfulnes. Unha experiencia fantástica para traballar a educación emocional e a relaxación.

 Nas sesións coa poñente tivemos clases teóricas e prácticas. Nas teóricas tratamos as bases do mindfulness, todos os datos necesarios para entender en que consiste, o seu proceso ou os beneficios que pode aportar, entre outros. Na parte práctica elaboramos cousas como apoio ás clases teóricas e traballamos co noso propio corpo.

As sesións do profesorado:

 Traballamos prácticas onde experimentamos sensacións o noso corpo e co dos compañeiros.

Elaboración de cerebros para entender os procesos polos que pasamos e o seu posterior traballo sobre eles, separamos as súas partes e indagamos sobre elas.

 

 Coñecemos os noso sistema nervioso e os órganos, a relación de todo isto na práctica do mindfulness e os seus principios.

Recomendacións de libros por parte da persoa encargada da nosa formación.

Prácticas de respiración con molinillo e globo.

As sesións co alumnado:

O alumnado de educación infantil tivo momentos de relaxación e de sentir o corpo.

Taller de mindfulness para o alumnado de educación primaria no ximnasio do centro.

Iniciación o Mindfulness do alumnado de 6º, respiración profunda. Usando unha corda como elemento para interiorizar o movemento do abdome.  

 O alumnado realizando a práctica de respiración procurando ser conscientes da respiración abdominal e da torácica. Por outra parte, tamén se fixo a práctica de respiración tapando unha fosa nasal e logo a outra.

Alumnado de primaria na iniciación ó Mindfulness, tomar consciencia do estado de calma, quietude, silencio e gozar da respiración pensando en algo agradable e que nos cause unha boa sensación.

 O alumnado de infantil experimenta coas texturas e as sensacións que lles transmiten algúns obxectos descoñecidos.

Unha experiencia moi importante para a vida, coa que esperamos continuar no vindeiro curso.

 

 Mindfulness

We worked Mindfulness in our school in order to improve our way of relax and our emotions.

We had several lessons were we learned how to practice Mindfulness and how to show it to our students.

Teachers practice some exercices themselves or with the help of their mates, such as breathing with the help of a ballon. Besides we learned how our body and organs work.

On the other side, students practice those exercices at the gym, focusing on the breathing with some exercices as breathing with the help of a rope or blocking one nostril.