Deporte en Familia. Petroglifos de O Outeiro dos Lameiros Baiña Baiona.

Deporte en Familia

Petroglifos de O Outeiro dos Lameiros

Baiña Baiona.

Agora que estamos a piques de entrar na fase 2 do estado de confinamento, provocado pola Covid-19. A familia de Daniel e Javier Castro, aproveitando a visita aos seus avós achégannos unhas fotos fantásticas dos Petroglifos de Outeiro dos Lameiros en Baiña no Concello de Baiona.

Aquí vos deixamos as fotos de este conxunto rupestre, considerado un dos máis importantes do noroeste da península.

Esta é unha oportunidade para  facer actividade física en familia, pasar tempo de lecer na natureza e evitar posibles contaxios. Animamos a aquelas familias que teñan oportunidade a pasar un momento entrañable en Baiona.

Moitas grazas á familia de Daniel e Javier Castro por esta fantástica suxerencia.

Se vos apetece saber máis de este conxunto rupestre visita a súa web pinchando enriba da foto.