Angel queda na casa, practicando actividade física.

Angel queda na casa,

practicando actividade física.

Onte día 21 de abril, Angel de 5ºB, enviounos un montaxe de fotos da actividade física que práctica cada día na súa casa. O certo é que Angel  ten a sorte de contar cun xardín estupendo, que lle permite facer adestramentos de baloncesto, tenis de mesa e  incluso pode montar en bicicleta. Todos estes bos momentos compárteos coa súa familia e coa súa irmá Lucía. Tamén nos contaba que todo isto o práctica os días que fai bo tempo.

Aquí vos deixamos as súas fotos coa súa actividade física creativa,  coa que se divirte e pásao ben, durante este días que é tan importante quedar na casa. Moitas grazas a Angel e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos.