Carmen queda na casa, e fabrica un xoguete con material de refugallo .

Carmen queda na casa,

e fabrica un xoguete con material de refugallo .

O pasado 8 de abril, Carmen  de 5ºB, contounos que fabricou coa axuda da súa familia, un xoguete con materias de refugallo. O certo e que lle quedou moi bonito e lle permite practicar actividade física na casa.  Xunto a súa irmá Martina de 2ºB practican a miúdo con música, que lles encanta. Preme enriba da foto e poderedes ver un pequeno vídeo facendo deporte con este material.

De cando en vez,  tamén preparan alimentación saudable, aprecian moito o arte da cociña. Aquí nos deixan uns donuts  saudables, exquisitos para esta época.

Moitas grazas a Carmen, a Martina e a súa familia por compartir con nós estes bos momentos.