Promocións: O Skate de Antón

O Skate

Antón de 3ºB

27/11/19

Antón de 3ºB, quixo compartir con nós a súa paixón polo Skate, o seu deporte favorito. Na clase do día 27 de novembro trouxo o skate que él fabricou cos seus pais. O seu curmán regaloulle a taboa, él e o seu pai mercaron as rodas e a pintura para poñerlle uns cadrados con moito e datalle e para rematar situarlle unhas pegatinas que lle dan un toque singular. Sorprendente e meticuloso o traballo realizado, casi de profesional Antón. 

Despois, Antón tamén nos explicou distintas formas de desplazarse co Skate, que aprende en Gondomar a onde vai practicar. Contounos dos diferentes tipos de saltos: Ollie ( o salto máis básico), Flip, Impossible, etc...

Foi posible tamén que nos mostrara ás súas habilidades sobre o Skate. Noraboa por este gran traballo Antón, nunca deixes de tentar as túas ilusións, estamos seguros que vas a medrar moito como deportista do Skate.

 

Moitas grazas a familia de Antón por actividades deportivas tan interesantes.