Deporte en familia: O Courel Lugo

Deporte en familia.

O Courel Lugo.

 A profe Rosa quere compartir con nós, unha ruta fantástica para realizar deporte en familia e actividade sá e saudable: O Courel en Lugo.

No mes de outubro, tivo oportunidade de visitar este fermoso lugar coa súa familia e os seus amigos.

No Courel atoparedes lugares interesantes, con paisaxes increibles, rutas que descubrir, etc...como lle pasou á profe Rosa.

A Devesa da Rogueira é unha das xoias do Courel, ten unha altura de 1363m e unha distancia de 14 km de dificultade media, está considerada como un dos mellores bosques galegos. Nela están presentes boa parte de especies de árbores, arbustos e flores de Galicia. Na parte alta da Devesa da Rogueira atoparemos as fontes do Cervo e podemos ascender ata o miradoiro do Pico Polín, que nos ofrece unhas vistas impresionantes do Courel. Nesta ruta como nas demáis, podes gozar dunha xornada de sendeirismo excepcional. 

 

Ruta do Río Pequeno.Parte da poboación de Seoane do Courel, ten unha altura de 1027 metros e unha distancia de 13,5 km con dificultade alta. O sendeiro comeza a ascender pola ladeira dunha montaña entre vexetación autóctona e cruza un souto de vellos castiñeiros, ata chegar a Mercurin. A ruta continúa ascendendo permitíndonos unhas boas vistas panorámicas da Serra do Courel, os seus principais picos son Formigueiros e Pía Páxado. Despois comezamos a descender pola ladeira do val do río Pequeno, ata chegar á aldea de Paderme. Case ao final da ruta atópase o Pozo da Grada.

Por último visitamos Seara unha aldea que ten unha fervenza preciosa, chamada fervenza de Vieiros.

Podedes atopar máis información sobre o Courel se pinchades aquí.

Moitas grazas a profe Rosa por achegarnos ata este paraíso natural de Galicia.