Semana Europea do Deporte.

Semana Europea do Deporte.

23-30 setembro 19

Día Europeo do Deporte.

27 setembro 19

Coincidindo coa Semana Europea do Deporte e o Día Europeo do Deporte iniciamos a Milla Erasmus+ de Lúa, un circuíto onde cada día todo o alumnado percorre millas para axudar a Lúa (a mascota do colexio) a dar a volta ao mundo.

 

Cada clase buscou nesta primeira ocasión unha forma divertida de facer a milla en grupo.

Coincidindo con estas datas, leváronse a cabo numerosas promocións deportivas, en colaboración cos clubs de Tui para animar a todo o alumnado a facer actividade física saudable.