Sara Tui Campiona do Mundo de Fútbol Praia

Sara Tui Medalla de Ouro no campionato do Mundo de Fútbol Praia Feminino.

O pasado mércores 16 de outubro de 2019, a selección Española de Fútbol Praia convertíase na gañadora da medalla de Ouro nos xogos mundiais de Fútbol Praia en Doja ( Qatar). Entre as xogadoras atopábase a tudense Sara Tui, xunto a outras dúas xogadoras galegas: Carol González e Andrea Mirón.

As nosas felicitacións a toda a selección  feminina de Fútbol Praia, pero especialmente a Sara, unha súper xogadora.

 

Aquí vos deixamos o enlace a páxina da Voz de Galicia onde podedes ver o vídeo da final.