Evento Conxunto de Formación do Profesorado Erasmus + 18-20

Evento Conxunto de Formación do Profesorado

Erasmus+ 18-20

"Promover estilos de vida felices e saudables"

Dublín (Irlanda)

Luns 7 de outubro 19 - Venres 11 de outubro 19.

Durante esta semana do 7 ao 11 de outubro de 2019, varios Mestres do C.E.I.P Plurilingüe Nº2 de Tui, participan no “III Evento Conxunto de Formación do Profesorado”, no Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín-Irlanda) en Irlanda. Dito evento está incluído dentro do proxecto Erasmus+ 2018-2020 no que participa o noso centro “ Promovendo estilos de vida felices e saudables".

Tódolos docentes participantes neste evento pertencen as escolas asociadas no proxecto:

                   Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido), que é o centro coordinador do proxecto. 
        Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese -Italia). 
       CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante -España).        

Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín -Irlanda) .
       Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal). 
 Na xornada do martes 8 de outubro de 2019, o profesorado foi recibido polo
alumnado irlandés e visitaron a escola de Dublín, para coñecer o seu sistema
educativo, as aulas, o alumnado, etc... Tamén tiveron oportunidade de aprender danzas
e bailes tradicionais de Irlanda.
   
Na xornada do mércores día 9 de outubro, tiveron un curso de adestradores de
"Hurling", un deporte de orixe celta, que se xoga principalmente en Irlanda e
que traerán a Tui para que o coñeza o alumnado do noso centro educativo.

O xoves 10 de outubro e para rematar a estadía en Dublín, a formación xirará entorno ao desenvolvemento do proxecto.

Farase a proposta de actividades para este curso: Mindfullnes (relaxación), alimentación saudable e actividade física.

E coordinarán as saídas previstas para este curso:

  •          Viaxe a Torrevieja (Alacante) do alumnado da nosa escola, que irá en marzo de 2020, e que coincidirán alí , ademais dos compañeiros de Alacante, co alumnado de Varese ( Italia).
  •          Viaxe a Tui do alumnado da Escola Abadias, de Figueira da Foz ( Portugal) e do alumnado do Colexio As Culturas de Torrevieja (Alacante).

Ambas serán viaxes nas que o alumnado afondará na temática do proxecto ademais de fomentar lazos deportivos, culturais, gastronómicos, etc.

Este novo encontro do profesorado foi unha vez máis unha experiencia, como nos transmitiron os compañeiros desprazados a Dublín, moi enriquecedora e  totalmente recomendable.


Así mesmo, no noso centro estase a traballar arreo para poñer en marcha o proxecto neste curso, con todo o que nos vai deparar.
Coincidindo coa Semana Europea do deporte e o Día Europeo do Deporte iniciamos a Milla Erasmus de Lúa, onde cada día todo o alumnado percorre millas para axudar a Lúa ( a mascota do colexio) a dar a volta ao mundo.

Coincidindo con estas datas, leváronse a cabo numerosas promocións deportivas, en colaboración cos clubs de Tui para animar a todo o alumnado a facer actividade física e saudable.
Na vindeira semana terán lugar as xornadas de iniciación do proxecto, onde o Mindfullnes, o Ioga e a alimentación sa serán os protagonistas, con proxección de curtas e películas educativas neste senso e obradoiros dirixidos por especialistas.

Lúa tamén ten grandes ideas para este curso, entre as que se atopa un posible restaurante saudable.
Ademais, sumándonos á concienciación polo cambio climático, xa está a funcionar a patrulla ecolóxica que cada día traballa para concienciar a todo o alumnado na importancia da recollida selectiva dos residuos que xeramos na escola.
Seguimos este ano, potenciando a horta escolar, promovendo o cultivo de alimentos ecolóxicos. En colaboración co equipo plurilingüe do centro, a horta dará un paso adiante na organización e deseño das zonas de cultivo, instalando bancais e outros elementos decorativos, facendo dela un espazo acolledor, dinámico e atractivo. O obxectivo é que nela medren verduras e alimentos que posteriormente cociñaremos no restaurante de Lúa para rematar desgustándoos.
Por diante temos un curso cheo de celebracións sas e saudables: Samaín, Magosto, Nadal, Día da Paz, Entroido, Letras Galegas … formando parte deste Proxecto de Centro que co bo facer de mestr@s , alumn@s, familias e comunidade educativa esperamos que sexa cando menos: “ San, Saudable e Feliz”. 



 From 7th-11th October, some school teachers participated
in the Erasmus+ meeting in Bunscoil Sancta Maria Synge Street
School (Dublín-Ireland).

 

On Tuesday, the teachers were received by the irish students and they visit the school. In that way, they´ve learned about their educational system, their school organization, their classrooms, their students, … they also had the chance to learn traditional irish dancing.

 

On Wednesday, they practised Hurling, an irish game, so they would teach us when they came back.

On Thursday,They had a meeting where the talked about the Project activities this year, relating to mindfullness, healthy nutrition and physical activity. Besides, they coordinated the trips of this year:

On March 2020, Tui and Varesse students are going to travel to Torrevieja.

On May 2020, Torrevieja and Figueira da Foz students are going to come to here.

These meetings are a great oportunity to learn about other’s cultura, sports or food.

An great experience recommended by our teachers who went to Dublin.

On the other hand, as this week was the Eurepeans Sports week, in our school we started the Erasmus mile and practised other sports of the Tui’s council.

Next week, we are going to participate in some workshops related to our Project (Mindfullness, nutrition and Ioga).

Lua has some great ideas, such as the creation of a healthy restaurant in our school.

Besides, we join in climate change awareness, so our eco-patrol help us to show the rest of the pupils the importance of recycling.

This year, we will continue working in our school garden, promoting the consuption of ecological food. This vegetables will be cooked in Lua’s restaurant.

The latter, this year we are full of healthy celebrations: Samain, Magosto, Christmas, Peace Day, Carnival, Letras Galegas… that will make our academic year “Healthy and Happy”