Intercambio de alumnado Erasmus+ do alumnado de 6º de Educación Primaria do Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui a Figueira da Foz en Portugal.

Intercambio de alumnado Erasmus+ do alumnado de 6º de Educación Primaria do Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui a Figueira da Foz en Portugal.

Dentro do Programa Europeo Eramus+ que o O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui está levando a cabo durante os cursos 2018-2020 co nome de  “Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz”, o alumnado de 6º de Educación Primaria participou dende o luns 20 ata ao venres 24 de maio de 2019,  nun “Intercambio de alumnado a corto prazo” polo que visitou o Agrupamento de Escolas da Zona Urbana de Figueira da Foz.
O alumnado do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui, visitou o Agrupamento de Escolas da Zona Urbana de Figueira da Foz, para poñer en valor estilos de vida saudables na Península Ibérica. Este foi o primeiro de un conxunto de mobilidades de alumnado para explorar a estreita relación entre España e Portugal.
O luns día 20 o alumnado viaxou ata Figueira da Foz aproveitando para visitar as cidades de Oporto e Aveiro.
 O martes día 21 a Escola Abadías organizou unha festa de benvida que foi seguida dunha clase de danza moderna. Xa pola tarde alumnado de Portugal e España intercambiaron Xogos Populares de Portugal e Galiza así coma tiveron a posibilidade de visitar a Casa do Paço, un museo de cerámica típico de Figueira da Foz.
O mércores día 22 a Escola Abadías tiña previsto a visita aos Moinhos da Gándara onde o alumnado compartiu momentos de xogo coas tradicións da zona: Elaboración de fariña artesanal, pan, talleres con elementos naturais, así como a visita ao museo e conxunto etnográfico de estes muíños tanto de auga coma de vento, etc...
 O xoves día 23 tivemos a oportunidade de visitar o Museo da sal e as salinas da Cámara Municipal de Figueira da Foz. Xa pola tarde alumnado de Portugal e España intercambiaron Xogos Populares de Portugal e Galiza así coma tiveron a posibilidade de visitar a Casa do Paço, un museo de cerámica típico de Figueira da Foz.
 
 
O venres día 24 o alumnado do Ceip Nº2 de Tui regresou a Tui despois de pasar o día en Magikland, coas maletas e mochilas cargadas de bos recordos, experiencias fantásticas e aventuras que xamais esqueceran.