CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui xogou ante o Porriño o derradeiro partido da segunda rolda da  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 28 de Abril de 2019, os nosos deportistas xogaron esta xornada contra o equipo de Porriño. Neste equipo xogan e gozan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: Porriño-C.B.Tui: 2-6/4-5/4-8/4-4

Un triunfo que deixa boas sensacións para a vindeira tempada. Noraboa a todo o equipo polo gran traballo de esta tempada.

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 6ºA.