Carreira Popular de San Telmo 19 Sábado 27 de Abril 2019 (Tui )

Carreira Popular de San Telmo 19

Sábado 27 de Abril 2019 (Tui )

    O Vindeiro Sábado de San Telmo, día 27 de Abril pola mañá, vai ter lugar a Carreira de San Telmo 2019, na Corredeira de Tui. Dita xornada está destinada os/as nenos/as inscritos. Recordade que estamos de vacacións.

Categorías: Xuveníl  ( 5000m  nacidos 00/03  ás 11:00h), Senior ( 5000m  nacidos 84/99 ás 11:00h), Veteráns A e B ( 5000 m nacidos antes do ano 74/84 ás 11:00h), Cadetes e Infantil ( 2330 m  nacidos 04/05/06/07 ás 11:45h), Alevíns (700 m nacidos 2008/2009 ás 12:00h), Benxamíns ( 350 m nacidos nos anos 2010/2011 ás 12:15h), Prebenxamín (  175 m nacidos 2012/2013 ás 12:30), Pitufos ( 100m nacidos nos anos 14/15/16 ás 12:45h).

Todos os participantes terán que estar alí 15 minutos antes da súa proba para que lle deamos o dorsal. 

Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran), a equipación do colexio ( camiseta e pantalón se  a  tiveran senon traerán camiseta branca), e tenis. En caso de choiva que leven roupa seca para cambiarse.

O Club Atletismo realizará a tradicional OPERACIÓN KILO na que os participantes intercambiarán un kilo de un alimento non perecedeiro polo seu dorsal. Ditos alimentos serán entregados a unha ONG.

                ¡¡¡IMPORTANTE!!! Podedes atopar máis información da proba na páx web na web do cole: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar e  www. Atletismotui.com. 

Aquí podedes descargar a nota informativa.