Deporte en Tui. Club Balonmán Tui

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do Clube Balonmán de Tui xoga na  liga da temporada 18/19. O pasado 26 de xaneiro de 2019, os nosos deportistas tiveron unha nova xornada contra o equipo de Chapela A. Neste equipo xogan e desfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: C.B.Tui - Chapela A: 6-4/4-4/6-8/6-4

Moi bo partido, onde o equipo de Tui foi superior e gañou. 

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas