III Urban Trail Night Eurocidade Valença-Tui

III Urban Trail Night Eurocidade Valença-Tui

Os alumnos de 6º do Ceip Nº2 de Tui, Claudia, Mónica, Suso, Diego e Jose, xunto ao equipo de Deporte no 2, participaron como voluntarios no desenrolo da proba. Unha sorte e unha satisfacción poder colaborar nesta proba. Aquí vos deixamos un exemplo do ben que o pasamos e da importancia que ten colaborar e axudar nas probas deportivas para que estas se leven a cabo con éxito.

 As empresas QUALITÉ SPORT EVENTS S.L, e SRA. EMILIA AGENCIA DE COMUNICACIÓN Y PUBLICIDAD S.L, en colaboración coa  EUROCIDADE TUI-VALENÇA, organizaron o pasado sábado 03 de Noviembre a III Edición da “URBAN TRAIL NIGHT – EUROCIDADE” 

- SAIDA E CHEGADA. A saída deuse o sábado 03 de noviembre ás 20:30 (hora española) dende a Avda. Miguel Dantas de Valença do Minho en Portugal e a chegada será no paseo da Corredera de Tui. Atoparedes máis información en:http://urbantrailnight.com/

Os alumnos de 6º do Ceip Nº2 de Tui xunto ao equipo de Deporte no 2, participaron como voluntarios no desenrolo da proba, unha sorte e unha satisfacción poder colaborar nesta proba. Os voluntarios do cole tiveron que estar ás 20:00h no centro Interfederado de Tui e remataron sobre ás 22:00h cando rematou a proba. Moitas grazas a todos por colaborar.