Equipo Deporte no 2

Equipo Deporte no 2.

Despois de un ano intenso pintando actividade deportiva no deporte no 2, rematamos o curso 17-18. Agraceder ao Ceip Nº2 de Tui, ao Ampa, ao Claustro en definitiva a toda a Comunidade Educativa poder dar resposta ao "Plan Galego de fomento da Actividade Física Galicia Saudable".

Tamén queremos agradecer a Agrudebam, ao Concello de Tui, aos Clubes deportivos tudenses e a todas as Administracións e empresas que fixeron posibles todas as actividades que levamos a cabo.

Dende o equipo queremos facer un agradecemento especial a todas as persoas que formaron parte do equipo de Deporte no 2 e a todas aquelas que sin formar parte do equipo apoiaron e axudaron en cada actividade. Grazas de verdade!.

Despedimos aos profes César, Patricia, Sara e Yessi, que fixeron un gran traballo con nós, desexamos que formen parte do noso  equipo o vindeiro curso, e de non ser posible, no cole no que estén que poidan seguir pintando deporte e sorrisos.