RUTA DA PINTURA EN PATINETE

 

 

RUTA DA PINTURA EN PATINETE

Os nenos e nenas de 2º fixeron unha ruta en patinete dende o cole ata a praia fluvial de Guillarei coa finalidade de divertirse, facer deporte e elaborar un cadro coa axuda de dous profesionais da pintura.

Fixeron dúas paradas no camiño, na primeira estiveron con Suso Valiente, importante pintor tudense que lles ensinou algunhas claves e trucos para mellorar os seus debuxos.

A segunda parada fixérona  na Ponte Romana, alí esperábaos Bea, unha estudante de belas artes que lles explicou paso a paso como pintar a ponte a carboncillo, entro moitas outras cousas. Logo acompañounos á praia para merendar.

Finalmente, ao rematar de menrendar, Bea deulle unha idea para decorar o cadro,coller area da praia e pegarlla, quedaron moi clulos.

Dende aquí queremos agradecerlle a Suso e a Bea que compartisen con nós os seus coñecementos. Moitas gracias.