Final Galega Escolar de Bádminton.

Final Galega Escolar de Bádminton.

IES San Paio Tui  (3º, 4º e 5º)

        Curso 17-18

O pasado sábado día 14 de  abril tivo lugar a Final Galega Escolar de Bádminton para alumnos de 3º,4º e 5º, clasificados  na fase zonal de Bádminton, dita xornada tivo lugar no Pavillón do Ies San Paio de Tui. Foron 10 centros de toda Galicia os que participaron nesta xornada. O Ceip Nº2 de Tui participou con dous equipos e o Cep Pedro Caselles de Tomiño participou cun equipo, sendo os representantes da Agrupación Deportiva.

Na Clasificación final o Ceip Nº2 de Tui clasificouse terceiro e os seus xogadores tiveron medaia de bronce, sendo o Colexio Rosalía de Castro Segundo e Ourense Campión. Noraboa a todos os participates.

Tamén houbo sorteo de agasaios onde Lucas Sánchez de 5ºC foi un dos gañadores. Moitas grazas aos organizadores por esta gran xornada.