Xornadas de Promoción e Campionato de Loita Curso 17-18

 Campionato Escolar de Loita

 Curso 17-18

Mércores 28de Marzo de 2018

O pasado mércores, día 28 de Marzo de 2018 tivo lugar nas instalacións do Pavillón Vello de Tui a xornada de loita para os cursos participantes de 4ºA e 4ºB.

 Esta actividade estivo organizada pola a Agrudepación Deportiva Baixo Miño ( Agrudebam), en colaboración co Servicio de Deportes de Pontevedra, e o Concello de Tui. A proba tivo lugar nas instalacións do Pavillón Vello de Tui e  os centros educativos participantes foron o Ceip Guillarei, Ceip Rebordáns, Ceip Nº2 de Tui e Ceip Nº1 de Tui, cun número aproximado de participantes de 125 neno/as. As probas que se levaron a cabo, foron xogos de iniciación aos deportes de Agarre, dinámicas divertidas onde todo o alumnado tomou contacto e experimentou os deportes de Loita. Esta experiencia levouse a cabo  este ano por primeira vez, para o 4º nivel de primaria e supon a promoción e toma de contacto cos deportes de agarre, Loita e defensa persoal.

              Queremos agradecer a súa colaboración a todas as entidades que fixeron posible dita xornada e en especial a Diego o Técnico deportivo do Concello de Tui e aos Mestres e mestras de Tomiño que nos viñeron a axudar en dita xornada: Alfonso, Rosa e Lucía. Moitas, moitas gracias!!.

Pinchade para ver a clasificación por colexios en Agrudebam.