AUTORIZACIÓN MARATÓN SAN TELMO 18

Carreira Popular de San Telmo 18

Sábado 7 de Abril 2018 ( Tui )

O Vindeiro Sábado de San Telmo, día 7 de Abril de 2018, a partires das 10:30h, vai ter lugar a Carreira Popular de San Telmo 2018. Dita xornada está destinada os/as nenos/as e adultos e adultas que queiran participar. Esta proba está organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui, e gustaríanos contar con un gran número de participantes, xa que é aquí en Tui. Recordade que todos os anos se realiza a "OPERACIÓN KILO", cambiarase o dorsal por un kilo de alimentos non perecedeiros.

Aquí vos deixamos a folla de inscripción para a proba.

Tamén vos deixamos os horarios da proba que podedes velos aquí

Podedes atopar información máis detallada na web do Club Atletismo Tui.