O C.P.A. RIBEX CAMPIÓN GALEGO DE GRUPOS SHOW GRANDES

O C.P.A. RIBEX CAMPIÓN GALEGO DE GRUPOS SHOW GRANDES

 Este vindeiro fin de semana celebrouse en Santiago de Compostela o Campionato Galego de Patinaxe Artística, modalidade de grupos show, no que o clube tudense C.P.A. Ribex proclamouse por primeira vez campión autonómico o seu espectacular programa “Mal augurio”.

Dende o CEIP Nº 2 queremos enviar os nosos parabéns a tódolos integrantes do grupo e aos seus adestradores pola vitoria.