Actividades de Nadal en Tui

Actividades de Nadal en Tui

 

O próximo martes, 26 de decembro, comezan as actividades de dinamización infantil de Nadal e Reis promovidas pola concellería de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente do Concello de Tui.

 

Por unha banda no Cárcere Vello, na rúa Sanz, haberá obradoiros infantís cuxo obxectivo é que os nenos redescubran a cidade histórica. Optouse por este emprazamento por tratarse dun espazo que reúne unha serie de características que o fan apto para os xogos e disfrute da infancia, de xeito que os cativos participantes asuman valores de respecto e recoñecemento cara el. Desenvolveranse actividades nas que os nenos se poidan achegar dun xeito ameno ao coñecemento das formas arquitectónicas dese espazo e que despois poidan trasladar ao debuxo ou modelado, xunto outro tipo de actividades como obradoiro de chapas, adornos de nadal con diferentes materiais, creación de tarxetas ou disfraces, karaoke, etc. Outras actividades previstas será a visita ás exposicións de Beléns na Catedral ou mesmo a interpretación dalgunha peza cun instrumento musical medieval.

 

Por outra parte a Sala Xacobeo na Área Panorámica acollerá outros obradoiros infantís que permitirán aos cativos coñecer de preto a fisionomía e características de diferentes

especies de réptiles e anfibios que, xunto cunha didáctica amena, proporcionarán ao nenos unha serie de valores de respecto cara a vida animal. Levaran a cabo actividades de debuxo e modelado das especies que poden observar para despois crear unha pequena exposición.

 

Os obradoiros terá lugar o martes 26, mércores 27, xoves 28 e venres 29 de decembro, así coma o martes 2,mércores 3, xoves 4 e venres 5 de xaneiro en horario de 10.30h a 13.30h. 

Máis información en :http://www.concellotui.org/php/novas.php?id=4096