Campo a Través Zonal 17-18. O Borralliño-Soutelo (Salceda de Caselas)

Campo a Través Zonal 17-18.

O Borralliño-Soutelo (Salceda de Caselas)

18 Nov 2017     

            O pasado Sábado día 18 de Novembro tivo lugar a proba de Campo a Través Zonal da presente Campaña Deportiva, nas Instalacións deportivas do Borralliño en Soutelo (Salceda de Caselas). Dita xornada estivo destinada os/as nenos/as de 2º a 6º.

         A competición deu comezo ás 10:30h para a categoría Benxamín Feminina (2º,3º), ás 10:40h para a categoría Banxamín masculina (2º,3º), ás 10:55h para a categoría Alevín Feminino (4º,5º), ás 11:10h para a categoría Alevín Masculina (4º,5º),  ás 11:25h para a categoría Infantil Feminino (6º) e ás 11:40h para a categoría Infantil Masculino (6º).

         Foi unha xornada estupenda, onde participaron moit@s alumn@s do noso colexio. A nosa felicitación a tod@s por animarse a participar, graza a todos eles o colexio obtivo as seguintes clasificacións:

Equipo Benxamín Feminino: 2º Clasificado.

Equipo Benxamín Masculino: 2º Clasificado.

Equipo Alevín Feminino: 3º Clasificado.

Equipo Alevín Masculino: 4ºClasificado.

Equipo Infantil Feminino: 4º Clasificado.

Equipo Infantil Masculino: 3º Clasificado.

Aquí atoparedes máis información sobre as clasificacións individuais, as clasificacións por equipos, fotos e videos da xornada.

Moitas gracias a todos por participar e facer posibles estes bos resultados: @s participantes, ás familias e @s Mestres do colexio.