DEPORTE ESCOLAR. VOLEI CURSO 2017-18

DEPORTE ESCOLAR.
Volei Curso 17-18

O Mércores día 22 de Novembro, dará comezo a competición escolar de volei, a 1ª xornada terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe. Este tamén será o horario para as xornadas dos días 29 de Nov e 13 de Dec. O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:30h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se tiveran e chandal do mesmo. Os/as nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:30h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

Aquí vos deixamos a folla de inscripción para que a descarguedes e vos animedes a participar. Tamén podedes descargar o calendario aquí.