PROPOSTA DE CONTOS DEPORTIVOS PARA LER

Proposta de contos deportivos para ler e disfrutar do alumnos de 3º

Hoxe luns día 6 de febreiro de 2017, seguimos a recibir novas propostas de Contos deportivos para leer, os alumnos de 3º quixeron compartir con nós máis contos deportivos.

1º Lois de 3ºB  quixo compartir con nós unha das súas lecturas favoritas das aventuras de Gerónimo Stilton “¡El robo del diamante gigante!”. Un libro de aventuras onde o golf será o deporte protagonista, e onde a copa do torneo estará en xogo, animádevos a leelo. Podedes saber máis dos libros de Geronimo Stilton no seguinte enlace: http://www.clubgeronimostilton.es/misLibros.php:

2º Elena de 3ºA quixo compartir con nós outra das súas lecturas favoritas das aventuras de Pepe Carreiro “¡Os bolechas queren saber… como son os xogos olímpicos e paralímpicos de verán !”. Un libro moi interesante que nos fala dos distintos deportes olímpicos. Animádevos a saber máis das olimpiadas.

3º, Alejandro de 3ºA , truxonos un libro deportivo que descubrimos hoxe da colección de Mortadelo “ Mortadelo Especial Eurobasket 2007”. Un libro de baloncesto que nos leva a disfrutar do Eurobasket.

Moitísimas gracias a Lois, a Elena e a Diego por compartir con nós as súas lecturas favoritas. Dende o equipo de Deporte Escolar aproveitamos para animar a tódolos  nenos e nenas do noso colexio a disfrutar do apaixoante deporte da lectura.

Subir a novas e promocións.