PROPOSTA DE CONTOS DEPORTIVOS PARA LER

Proposta de contos deportivos para leer e disfrutar.

Dos alumnos de  3ºA e 3ºB

Onte Xoves día 26 de xaneiro de 2017, seguimos a recibir novas propostas de Contos deportivos para leer, os alumnos de 3ºA quixeron compartir con nós máis contos deportivos.

1º Elena  trouxonos un conto de “Tarta de fresa”. “ Tarta de fresa juega al fútbol”. Un libro de onde ademáis de xogar ao fútbol, os nosos protagonistas se dan conta que o máis importante é a amizade.

2º Uxía e Nico quixeron compartir con nós outra das súas lecturas favoritas das aventuras de Jerónimo Stilton “¡El misterioso caso de los juegos olimpicos!”. Un libro de aventuras onde a sospeita de que un equipo gañe todas as competicións, leva ao noso amigo a investigar e “La carrera más loca del mundo”. Onde o noso amigo ten que participar nunha carreira de patíns-cohete, un fin de semana de pesadilla.

3º Brais, Hugo e Nico tamén nos truxeron libros dos “Futbolísimos, El Misterio de los árbitros dormidos”. “El misterio del ojo de halcón” e o “Misterio del portero fantasma”. O que nos demostra que a moitos nenos e nenas do noso colexio lles encanta esta colección.

Moitísimas gracias a tod@s @s alumn@s de 3º por compartir con nós as súas lecturas favoritas. Dende o equipo de Deporte Escolar aproveitamos para animar a tódolos  nenos e nenas do noso colexio a disfrutar do apaixoante deporte da lectura.