PROPOSTAS DE CONTOS DEPORTIVOS PARA LER

Proposta de contos deportivos para leer e disfrutar.

Uxía Soliño de 3ºA.

Hoxe martes día 17 de xaneiro de 2017, Uxía Soliño de 3ºA, quixo compartir con nós os seus contos deportivos favoritos. Contounos as aventuras que vivíu na súa lectura e o moito que lle gustaron.

1º Falounos dos “Os Bolechas queren saber…como son os xogos olímpicos e paralímpicos do verán”. Un conto de Pepe de Carreiro que fai un recorrido polos diferentes deportes olímpicos.

2º Tamén nos falou dos “Os Bolechas van de viaxe….as carreiras de Poio”. Neste conto os Bolechas viaxan a Poio unha vila mariñeira e turística que está moi perto da cidade de Pontevedra. As carreiras máis importantes que disfrutan os Bolechas son: as carreiras de remo, as carreiras de sacos e as carreiras de beber….nas que os Bolechas conseguirán ser…. Descubríredelo lendo este apaixoante conto.

3º Uxía tamén compartiu con nós dous contos de Xerónimo Stilton, dos que lle encantou sumerxirse na súa lectura.

·         “ El Marathón más Loco”. Xerónimo Stilton coñece de primeira mán un programa de adestramento para participar nunha carreira deportiva en Ratonia, para iso conta coa axuda do gran atleta e amigo Rataldo Rock.

·         “ El Superratónico día….de campeonato”. Neste conto Xerónimo Stilton é un gran apaixoado do Fútbol coma moitos nenos e nenas do noso colexio. O seu equipo favorito e o equipo de Fútbol de Ratonia. Pero Xerónimo é un afeccionado respetuoso. Por enriba de todo está ser respetuoso, leal e amigable.

Moitísimas gracias a Uxía Soliño por compartir con nós as súas lecturas favoritas. Dende o equipo de Deporte Escolar aproveitamos para animar a tódolos nenos e nenas do noso colexio a disfrutar do apaixoante deporte da lectura.