DEPORTE ESCOLAR. Finais de Volei Curso 16-17

DEPORTE ESCOLAR.

Finais de Volei

Curso 16-17

 O pasado Mércores día 30 de Novembro de 2016, tivo lugar a  Xornada  Final da competición escolar de Volei. Tivo lugar  no Pavillón do Ceip Randufe  en horario de  16:30h a 19:30h. O noso centro participou con 3 equipos Benxamíns e 2 equipos Alevíns, foi unha tarde divertida onde xogamos moitos partidos, tal como podedes ver nas fotos que vos deixamos a continuación, tendo como resultado final:

O equipo Ceip Nº2 Alevín A proclamouse Campeón da Liga escolar.

O Equipo Ceip Nº2 Alevín B proclamouse terceiro clasificado.

O Equipo Ceip Nº2 Benxamín B proclamouse Subampeón da Liga escolar.

O Equipo Ceip Nº2 Benxamín A proclamouse quinto clasificado da Liga escolar.

O Equipo Ceip Nº2 Benxamín C proclamouse quinto clasificado da Liga escolar.

A nosa noraboa a todos os participantes que viñeron todos contentos coas súas medallas.