BAIXADA DE CARRILANAS 2016

 Tradicional baixada de Carrilanas 2016

 Ceip Nº2 de Tui

 

O vindeiro día 4 de Novembro, terá lugar a tradicional baixada de carrilanas, que cada ano se organiza no Ceip Nº2 de Tui. Dende o equipo de deportes, animamos a todos/as os/as nosos/as alumnos/as a preparar a súa carrilana coa axuda dos seus papás e avós.

Este é un xoguete tradicional de Galicia, que se fabricaba na cas con material de refugallo, verdadeiros coches de aventura sen motor.

Aquí vos deixamos algunhas fotos de edicións anteriores, que vos poden servir de axuda para construir a vosa.

Se queredes ver máis información e descubrir máis cousas sobre as carrilanas aquí atoparedes, información sobre as baixadas que temos en Galicia e os campionatos galegos oficiais:

https://es-es.facebook.com/Inerciagallega/