PEONZA MAGNÉTICA

                                           Peonza Magnética

   Cada vez que temos oportunidade, vos achegamos alguna novidade… Neste caso foi Aldara, alumna de 5ºC, quen nos ensinou esta Peonza Magnética, un xoguete moi novedoso, que nós descoñecíamos e que a ela e aos seus compañeiros de clase, lles apetecía compartir con vós.

A peonza magnética, xira gracias aos seus imáns, na superficie que a suxeita, a medida que vai alcanzando moita velocidade, sóltase de esta superficie, para xirar ela soa no chan. Aquí vos deixamos boa mostra disto.