Campionato Provincial de Campo a Través 2016

 CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

Praia da Ladeira. Baiona

13/02/16

O pasado Sábado 13 de Febreiro de 2016, levouse a cabo o Campionato Provincial de Campo a Través da presente campaña escolar de Campo a Través, na Praia da Ladeira en Baiona

A competición  comezou ás 10:45h coa proba Cadete Feminino, ás 11:00h a proba Cadete Masculino, ás 11:15h a proba Infantil Feminino, ás 11:30h a proba Infantil Masculino, ás 11:45h a proba Alevín Feminino, ás 12:00h a proba Alevín Masculino, ás 12:15h a proba Benxamín Feminino e ás 12:30h a proba Benxamín Masculino.

Do noso colexio participaron Andrea, Eva, Elena e Iago...Os 4 fixeron unha gran carreira, sobre todo porque o terreo da carreira estaba impracticable debido a intensa chouva. A nosa noraboa para os 4.