Festival de Nadal de Patinaxe en Tui

Festival de Nadal de Patinaxe en Tui

O Club de Patinaxe Artístico Ribex, en colaboración co Concello de Tui, organizará este domingo, 20 de decembro, ás 18h no novo pavillón deportivo municipal de Tui o Festival de Nadal de Patinaxe.No que participarán moitos alumn@s do noso centro 

 

Neste festival realizarán exhibicións os grupos de competición do club e das escolas deportivas de patinaxe, así como outros participantes de Tomiño e Mos. Coma todos os anos por estas datas, contarán tamén coa visita especial de Papá Noel e outras sorpresas.

Anímadevos a participar!.