Descubrimos as peonzas de Turquía

Descubrimos as peonzas de Turquía.

Hoxe o noso amigo Abel de 5ºA, nos truxo ao cole, unha peonza de Turquía, agasallo da súa tía. Descubrimos cousas curiosas destas peonzas, que descoñecíamos e que nos resultaron curiosas: rodan sempre suxeitas ao seu cordel, na punta teñen unha chincheta, e na parte superior unha arandela que lle permite xirar. Gracias Abel por compartila con nós.