III CARREIRA 10K SALCEDA

A III Carreira 10 KM, organizada polo Concello de Salceda de Caselas, celebrarase o domingo día 3 de Maio de 2015.

As CATEGORÍAS MENORES (ANO 2000 E POSTERIORES) entregarán  1KG DE COMIDA NON PERECEDOIRA, NA ENTREGA NA RECOLLIDA DO DORSAL.

As probas darán comezo ás 12:00 horas, con saída e meta na Praza do Concello.

Establécense as mesmas categorías para homes e mulleres, son as seguintes:
Categoría A: Nados en 2000, 2001 e 2002 (2.500 metros)
Categoría B: Nados en 2003, 2004 e 2005 (1.000 metros)
Categoría C: Nados en 2006, 2007 e 2008 (500 metros)
Pitufos: Nados en 2009,2010,2011,2012,2013 (150 metros)

Estableceranse clasificacións individuais.
- Clasificación individual:
Trofeo aos primeiros atletas de cada categoría, tanto masculina como feminina, diplomas aos segundos e terceiros por categoría e sexo.
- Camisetas para todos os participantes que crucen a liña de meta e que entreguen o chip alugado, ata esgotar existencias, as tallas das mesmas serán aproximadas podendo sufrir pequenas variacións.

Aquí deixámosvos a folla de inscripción.

Tamén vos deixamos o horario da proba.