O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu undécimo encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 17 de Xaneiro de 2015, tivo lugar o undécimo encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores xogaron na casa con outro equipo do noso Concello, o Caldelas. Un partido de gran rivalidade no que os xogadores tudenses conseguiron gañar 5-1. Isto fai que agora sexan terceiros na taboa de clasificacións.

Noraboa Campeóns.