Iván Alonso no Rio Negro (Arxentina)

 Iván Alonso Participa no 50 Aniversario do Río Negro en Arxentina do 10-17 de Xaneiro.

 A proba de Kaiak do Río Negro, Arxentina, contará este ano coa presenza do antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui, Iván Alonso. Esta proba considerada o París-Dakar do piragüismo, consta de 6 etapas de 45-50km cada unha. Desenrólase  do seguinte xeito:

Compítese 2 días,

Descánsase un día,

Compítese 2 días,

Descánsase un día,

E faise a última proba a contrarreloxo.

Iván é a primeira vez que participa nunha proba de este tipo, e canda el viaxa tamén o veterán e Mestre da Guarda Alberto Díaz que se proclamou campión na súa categoría a edición pasada de esta proba.

Todo un reto para Iván. Dende o centro desexámosche moita Sorte Campeón.

Aquí vos deixamos o enlace a Escoita Deporte, onde podemos escoitar as súas verbas antes de marchar rumbo a Arxentina.

 Escoita Deporte.

http://www.goear.com/listen/df16d83/programa-27-ivan-alonso-escoita-deporte-rmt

Na primeira etapa Iván consigue entrar segundo na clasificación xeral. Aquí podedes seguir a proba cos resultados diarios e ver a súas fotos:

  E tamén fotos e Videos de toda a competición

http://www.rionegro.com.ar/diario/regata-del-rio-negro-la-defensa-del-titulo-esta-en-marcha-5652538-9522-nota.aspx

Na Segunda etapa Iván consegue entrar primeiro de etapa, pero continúa segundo na xeral. Desexámoslle sorte na seguinte xornada

https://www.youtube.com/watch?v=oZ8O32EQBqA#t=223

 Na terceira xornada Iván disputou a contrarreloxo de 50 kilómetros, que resultou dura e exixente para todos. Iván Alonso invirtiu casi tres horas en poder realizala. Pero logrou parte do seu obxetivo ao conseguir reducir a sua desventaxa con Pascual Orellana. Entre o palista do Kayak Tudense e o seu adversario sólo son 32 segundos de diferencia. Polo tanto, o duelo entre ambos será intenso nos dous días de competición que restan por disputarse.

Infominho - JORNADAS DECISIVAS PARA LOS PALISTAS GALLEGOS EN ARGENTINA - INFOMIÑO - Informacion y noticias del Baixo Miño y Alrededores.

Restan por disputarse duas probas. Despois de unha xornada de descanso, os palistas afrontarán o percorrido entre Sauce Blanco e Oyuela, de 64 kilómetros. É a máis larga das seis e polo tanto pódese considerar como a decisiva. Os palistas terán que remar aproximadamente cuatro horas.
Para o último día queda a etapa entre San Javier e Viedma. Son 24 kilómetros, unha distancia inferior a unha prueba de maratón, e polo tanto  espérase que sea moi rápida.

 

  Rematada a proba de competición, Iván non foi quen de acadar o seu soño, gañar esta regata. Ao final da mesma foi segundo a 9 segundo do Campión Pacual Horacio Orellana. Noraboa boa a todos os participantes de tan dura proba.

Aquí podedes escoitar a entrevista que Justi Peixoto lle fixo en Escoita Deporte:

Facebook Escoita Deporte - RMT

23 de enero a la(s) 21:40 · 

Programa 31.- Iván Alonso e Alberto Díaz, do Kayak Tudense que veñen de participar da Regata Internacional do Río Negro en Arxentina. 
Escoitar Entrevista: http://ow.ly/HQzwS