Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Información Covid

Neste enlace tedes información Covid que se atopa na páxina da Consellería de Educación

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/35944

Menús de xaneiro

 

 

Video Papá Noel

Nadal na Gándara

Exposición Violetas

Con motivo do  Día contra a Violencia de Xénero, o pasado 25 de novembro, no colexio participouse nunha actividade promovida pola Federación de Anpas de Ferrolterra. Tratábase de amosar mensaxes anti violencia de xénero e pegalos nunhas bonecas chamadas Violeta (de pequena e de adulta).

Agora, as nosas Violetas están expostas xunto coas Violetas doutros colexios no edificio de Afundación de Ferrol, desde hoxe e ata o vindeiro 15 de xaneiro de 2022.

Dende o cole animámosvos a tod@s a visitar a exposición e a seguir loitando contra calquera forma de violencia de xénero.

 

Chegou o Nadal...

Aqui vos deixamos un video de como está adornado o noso centro...

https://youtu.be/X72OqBMQIhA

A túa vella bici vale un sorriso...

13/12/2021 16:21
22/12/2021 16:21
Europe/Madrid

...é o lema do programa do Equipo de Ed. Vial de Narón.

Como sempre por estas datas recollen bicis e patinetes para que outras persoas sorrían.

E este ano , ademais, hai unha liga: podedes decorar de Nadal as  bicis e  patinetes cos que vides ao cole, e despois enviar as fotos ao Dpto. de Ed. Viaria. Animádevos, que seguro que facedes cousas moi chulas!!

(Tedes máis información nos anexos)

CAMPAÑA ESQUÍ 2022


Ao Concello de Narón se lle conceden  14 prazas para a participación na Campaña de Esquí 2022 da Deputación provincial da Coruña, na 6ª quenda (do 18 de febreiro ao 21de febreiro de 2022). Por se vos interesa, aquí vos achegamos a documentación a entregar:


-Ficha de inscrición (deberá ser entregada no Rexistro Xeral do Concello de Narón, no Rexistro auxiliar do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara ou a través da Sede Electrónica municipal con data límite o 14 de decembro de 2021, tal e como sinala o escrito da Deputación).

-Tríptico informativo


A ficha da inscrición atópase tamén na páxina da Deputación, desde onde pode tamén cubrirse.

Unha vez rematado o prazo de inscrición, se o número de solicitudes excede nas 14 prazas concedidas, levarase a cabo no Concello de Narón, un sorteo público ante o Secretario Xeral do Concello.

Menús para decembro

Menús de decembro

Distribuir contido


by Dr. Radut