Outros

PXA CURSO 2020-2021

Xa podedes consultar a PXA deste curso 2020-2021 despois da súa aprobación polo Consello Escolar en reunión celebrada o martes 17 de novembro de 2020.

PXA 2020-2021

Normas de Organización e Funcionamento do Centro

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO

Lei de Convivencia.

LEI DE CONVIVENCIA

INCIVISMO NO ALUMNADO DO CEIP A GÁNDARA

Desde que comezamos o curso, xa vai por tres veces que algún ou algúns alumnos do segundo andar (4º, 5º e 6º de Ed. Primaria) dedicanse a baleirar os dispensadores de xabrón que hai nos aseos polo chan. (Podesdes ver aquí a foto do sucedido hoxe).

Xa fun polas aulas intentando falar con eles para dicirlles que ese feito está mal, porque o xabrón é necesario para a hixiene tan necesaria nestes tempos de pandemia, que ao colexio cóstalle cartos e que di moi pouco deles comportarse dese xeito que ademais pode ser perigoso se algún esbara no xabron tirado no chan.

Por outra parte no aseo das nenas tampouco as cousas van mellor, tamén no segundo andar (4º, 5º e 6º EP), neste caso o que parece que sobra é o papel hixiénico e dedicanse a tirar rolos enteiros no váter, (podedes ver aquí a foto).

O colexio é a casa de todos, alumnado e profesorado durante cinco ou máis horas ao día. Temos que convivir e a todos e todas nos gusta atopar as cousas limpas, ter xabrón para lavarnos e papel hixiénico cando imos ao aseo. A señora da limpeza que anda toda a mañá desinfectando baños, lavabos, barandas... non merece atoparse os baños dese xeito. 

Foto do baño do papel secamans.

Por todo isto pídovos ás familias que faledes cos vosos fillos e fillas e lles fagades reflexionar sobre como hai que comportarse nun lugar onde convivimos moitas persoas.

De seguir esta situación así, chegará un momento no que non teñamos xabrón ni papel nos baños.

Grazas a todos e todas por colaborar con nós.

A Directora.

PLAN DE ADAPTACIÓN COVID CURSO 2020-2021

Pinchando aquí podedes ver o Protocolo elaborado polo colexio en base ao facilitado pola Xunta con data 31 de agosto 2020. A medida que pasen os días e vexamos como funciona iremos facendo as modificacións que sexan precisas.

Para que as cousas funcionen necesitamos que todos/as pais/nais, profesorado e alumnado colaboremos e cumplamos o protocolo. Grazas anticipadas pola vosa colaboración.

Protocolo covid -CEIP A Gándara.

PUBLICADA A MEMORIA DE FIN DE CURSO 2019-2020

Pinchando enriba dela podedes consultar a Memoria de Fin de curso que foi aprobada polo claustro de profesores en reunión do 29 de xuño de 2020.

MEMORIA FIN DE CURSO 19-20.

PROGRAMACIÓNS ESCOLARES CURSO 19-20- ADAPTADAS POR MOR DA COVID-19.

Xa están a disposición de toda a comunidade educativa as programacións de todos os cursos e especialidades adaptadas. Esta adaptación foi preciso facela pola interrupción da docencia presencial e porque o terceiro trimestre está a desenrolarse a distanza.

Para consultalas non tedes máis que picar enriba de cada unha delas.

Especialidades:

Música.

Relixión.

Educación Física.

Inglés 1º, 2º e 3º de E.P.

Inglés 4º, 5º e 6º de E.P.

Departamento de Orientación.

Cursos de Educación Primaria.

1º A.                   1º B

2º A e B.

3º A e B.

4º A e B.

5º A e B.

6º A, B e C.

 O profesorado de Educación Infantil reflexará na memoria de final de curso cales foron os obxectivos que quedaron pendentes de desenrolar por mor do peche do cole. 

 

Distribuir contido
« Xaneiro 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Dinamización Lingua Galega

       Actividades
       Certame Literario
       Intercentros
       Teatro
       Contacontos
       Letras Galegas

         Biblioteca

       Mascota

       Fotos

       Contos

       Poesías     

        Últimas Adquisicións

        Convivencia

      Datas a destacar

      Coidado dos baños

        Mediadores

        Policias medio ambiente

        Educación Vial