Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Exposición Violetas

Versión para impresoraVersión PDF

Con motivo do  Día contra a Violencia de Xénero, o pasado 25 de novembro, no colexio participouse nunha actividade promovida pola Federación de Anpas de Ferrolterra. Tratábase de amosar mensaxes anti violencia de xénero e pegalos nunhas bonecas chamadas Violeta (de pequena e de adulta).

Agora, as nosas Violetas están expostas xunto coas Violetas doutros colexios no edificio de Afundación de Ferrol, desde hoxe e ata o vindeiro 15 de xaneiro de 2022.

Dende o cole animámosvos a tod@s a visitar a exposición e a seguir loitando contra calquera forma de violencia de xénero.

 



directivo | by Dr. Radut