Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Información

Solicitudes feitas ao Concello

Esta semana fixemos dúas solicitudes ó Concello de Narón.

A primeira, relacionada coa limpeza:

Os baños de infantil do centro escolar necesitan de alguén que os limpe ó longo da mañá. Os pequenos están aprendendo a facer as súas necesidades, o cal ocasiona que o chan estea mexado dende ben cedo e que o baño bote un cheiro noxento durante todo ese tempo. A media mañá os pequenos non queren usar o baño por esa mesma razón.

Tanto a ANPA coma o colexio pensamos que isto é intolerable e gustaríanos que se atopase unha solución canto antes.

A segunda, co aparcamento e o Bica e arrinca:

A circulación e aparcamento na entrada do CEIP A Gándara no horario de entrada ó centro, non se está levando como nos dixeron que se faría. Non se están poñendo conos para evitar o aparcamento, e a policía local non está case ningún día, ou chega ás 8:55, cando xa está cheo o aparcamento. A propia policía local aparca con frecuencia nos aparcamentos que non se deberían utilizar. Solicitamos a presencia da policía local con maior frecuencia.

Con respecto ó Bica e arrinca, con moita mágoa debemos dicir que no noso colexio non funciona. As nais e pais que o fan correctamente vense impedidos porque outros pais utilizan o espazo para aparcar ou porque baixan do vehículo, etc.

Nós esperabamos unha entrada do colexio libre, na medida do posible, de vehículos, que fora un espazo no que os nosos fillos puideran estar sen perigo, pero isto parece unha utopía.

Sentimos moito dicir isto, pero vemos necesario medidas disuasorias para a seguridade dos nosos fillos e fillas, e, especialmente, para os nenos e nenas usuarios dos Camiños escolares seguros e do Bica e arrinca.

 

 

 

 

 

Comeza Robótica

Xa temos grupo para comezar a actividade de robótica. Será os xoves de 16:00 a 17:00 no comedor do centro. A fecha de comezo é o vindeiro xoves día 20 de outubro.

Robótica

A ANPA A Buxaina oferta a actividade de robótica.

Idade: a partir de 3 anos

O horario: xoves de 16:00 a 17:00h no comedor.

Custo de 11 € por cada alumno/a.

Os interesados teñen toda a información no formulario de inscrición.

Comezo actividades

ANPA A Buxaina

Información sobre actividades extraescolares:

Ximnasia rítmica empezará o martes día 4 de outubro

Lembramos que será no ximnasio do centro escolar

Horario: 16:00-17:00

 

Patinaxe empezará o xoves 6 de outubro

Lembramos que será no Pavillón da mocidade

E non se poderá realizar a actividade sin proteccións e casco.

Horario: 16:00-17:00

 

Inda estades a tempo de apuntarvos!

 

 

Asemblea ordinaria ANPA

No adxunto tedes unha convocatoria de asemblea.

Esperámosvos a tod@s!

Comezo actividades extraescolares

As seguintes actividades comezarán a semana que ven:

- Cociña: viernes 23 ás 16:00, no comedor do centro. En caso de nenos con alerxias, tedes que avisarnos por escrito antes do martes día 20. Podedes mandarlles un mandilón e un tuper pequeno.

 

-Debuxo e pintura: martes 20, ás 16:00, no comedor do centro. Poden traer mandilón. Traerán:

 

 

Bloc de debuxo

 

Caixa rotuladores

 

Caixa de ceras tipo Plastidecor

 

Lapis, goma e afila

 

Pegamento de barra

 

Tesoira

 

Acuarelas de pastilla e un pincel de acuarela

 

Témpera de cores (maxenta, negro, branco, amarelo, azul e marrón)

 

Cola branca

 

3 pinceis de diferentes grosores (fino, medio e gordo)

 

 

OS NENOS DE COMEDOR XA QUEDAN ALÍ PARA A ACTIVIDADE. OS DEMÁIS ENTRARÁN POLA PORTA PEQUENA E SAIRÁN POLO PORTAL.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: cuotas

Cuotas ANPA

ALMORZOS

Información e formulario para almorzos

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Aquí  tedes información sobre as actividades que organiza a ANPA A Buxaina para este curso 2022-23.  Para iso debedes inscribirvos no formulario do enlace.  Só tedes que clicar, encher e enviar.  Na asemblea que convocaremos en breves aportaremos maior información e aclararemos dúbidas.

https://forms.gle/BEnZz5os6r1CSrKq7

 

Distribuir contido


by Dr. Radut