Desde que comezamos o curso, xa vai por tres veces que algún ou algúns alumnos do segundo andar (4º, 5º e 6º de Ed. Primaria) dedicanse a baleirar os dispensadores de xabrón que hai nos aseos polo chan. (Podesdes ver aquí a foto do sucedido hoxe).
Xa fun polas aulas intentando falar con eles para dicirlles que ese feito está mal, porque o xabrón é necesario para a hixiene tan necesaria nestes tempos de pandemia, que ao colexio cóstalle cartos e que di moi pouco deles comportarse dese xeito que ademais pode ser perigoso se algún esbara no xabron tirado no chan.
Por outra parte no aseo das nenas tampouco as cousas van mellor, tamén no segundo andar (4º, 5º e 6º EP), neste caso o que parece que sobra é o papel hixiénico e dedicanse a tirar rolos enteiros no váter, (podedes ver aquí a foto).
O colexio é a casa de todos, alumnado e profesorado durante cinco ou máis horas ao día. Temos que convivir e a todos e todas nos gusta atopar as cousas limpas, ter xabrón para lavarnos e papel hixiénico cando imos ao aseo. A señora da limpeza que anda toda a mañá desinfectando baños, lavabos, barandas... non merece atoparse os baños dese xeito.
Foto do baño do papel secamans.
Por todo isto pídovos ás familias que faledes cos vosos fillos e fillas e lles fagades reflexionar sobre como hai que comportarse nun lugar onde convivimos moitas persoas.
De seguir esta situación así, chegará un momento no que non teñamos xabrón ni papel nos baños.
Grazas a todos e todas por colaborar con nós.
A Directora.