NOVA ENQUISA SOBRE A CONVIVENCIA NOS CENTROS
Enviado por Eva M. o Ven, 09/04/2021 - 18:01O vindeiro luns 12 de abril ábrese o prazo para cubrir unha nova enquisa sobre a convivencia nos centros escolares de Galicia.
Está dirixida a familias, profesorado e alumnado de 5º e 6º de E.Primaria.
O luns cada alumno/a do colexio levará para casa unha carta explicando o proceso e a clave que poderedes usar como familia par cubrir esa enquisa, que ten caracter anónimo.
A clave é única para cada familia. So pode usarse unha vez e non podemos xerar ningunha outra clave nova, polo que vos pedimos que a usedes correctamente porque non podemos darvos outra.
No enlace que vai a continuación podedes ver os enlaces para cubrila e os plazos que hai para facelo. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración.
PUBLICACIÓN DAS SOLICITUDES ADMITIDAS PARA O CURSO 2021_22
Enviado por Eva M. o Mér, 24/03/2021 - 12:07Todas as solicitudes presentadas neste centro para comezar ou continuar estudos o vindeiro curso 2021/22 foron admitidas e non hai necesidade de baremar xa que o número de solicitudes é inferior ás prazas ofertadas.
Para poder consultar as listaxes é preciso pasar polo centro xa que estarán expostas no taboleiro informativo do interior.
A partir de agora so queda agardar para que se abra o prazo de matriculación ( 21 ao 30 de xuño) para facer efectiva a reserva. Lembrade que se non vides a matricular nese periodo aos vosos/as fillos/as perderedes a praza adxudicada.
Seguiremos informando por este medio.
Un clic para o cole
Enviado por xuliopb2 o Mar, 02/03/2021 - 17:40Axudemos ao noso centro educativo! Visita a web http://bit.ly/unclicparaelcole e participa na iniciativa de Amazon para apoiar aos centros educativos de maneira gratuíta.
Amazon doará unha porcentaxe das túas compras en forma de crédito virtual que o centro poderá usar para solicitar os produtos que necesita.
Busca "A Gándara" no buscador de centros (Rúa Colmeote s/n) e despois selecciona unha das etapas educativas:
A Gándara (para Educación Infantil)
A Gándara Primaria (para Educación Primaria)
VISITA VIRTUAL DO CEIP A GÁNDARA.
Enviado por Eva M. o Lun, 08/02/2021 - 12:02O próximo 1 de marzo ábrese o prazo para solicitar praza para o vindeiro curso 21-22. Todos os anos facíamos unha xornada de portas abertas onde vos ensinábamos o centro e contestabamos a todas as preguntas. Ante a situación de pandemia que estamos a vivir iso non é posible de momento. Invitamosvos a facer unha visita virtual picando na esquina superior esquerda no apartado do Centro- visita virtual. Podedes consultar tamén a metodoloxía de infantil nas programacións publicadas na páxina principal máis abaixo.
Se tedes calquera outra consulta podedes chamar ao centro e preguntar, estaremos encantados de responder as vosas consultas.
Para comezar a etapa de infantil (4º EI- 3 anos) é preciso que teñan control de esfínteres e veñan sen cueiros. No caso de que algún/ha teña un percance e faga pis pola roupa sodes as familias as que teredes que vir a cambialos.
Cando se abra o prazo de solicitudes colgaremos máis información na páxina.
PLAN DE ADAPTACIÓN ANTE O COVID-19 (MODIFICADO) e PLAN DE CONTINXENCIA ANTE O COVID 19 (MODIFICADO)
Enviado por Eva M. o Mar, 02/02/2021 - 19:49PLAN DE ADAPTACIÓN COVID 19 (MODIFICADO)
Hai modificacións no apartado de Ed. Física e no apartado das merendas de media mañá cando hai alertas laranxa por temporal.
PLAN DE CONTINXENCIA ANTE O COVID 19 ( MODIFICADO)
Hai modificacións nos horarios. Están icluidos os horarios espello. No caso de aula pechada seguiríanse eses horarios. O 60% da docencia sería por videoconferencia e o resto do horario sería virtual.
PROGRAMACIÓNS DIDACTICAS CURSO 2020-2021
Enviado por Eva M. o Mér, 14/10/2020 - 19:44Programación do departamento de Orientación.
Programación de Educación Física.
Programación de Relixión Católica.
Programación de Inglés- 1º y 2º de Ed. Primaria.
Programación de Inglés- 3º y 4º de Ed. Primaria.
Programación de Inglés- 5º y 6º de Ed. Primaria.
Programación de 1º curso de E. Primaria.
Programación de 2º curso de E. Primaria.
Programación de 3º curso de E. Primaria.
Programación de 4º curso de E. Primaria.
Programación de 5º curso de E. Primaria.
Programación de 6º curso de E. Primaria.
CEIP A GÁNDARA
Enviado por admin o Xov, 23/10/2014 - 22:11