Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Orientadora

CARTA

Bo día. Dende o Departamento de Orientación queremos mandar moito ánimo e esperanza nestes días tan difíciles. Non podemos deixarnos levar polo desánimo e alarmismo. O máis convinte nestes momentos é aproveitar o tempo en familia para facer esas cousas que na vida ordinaria, con tanta presa que andamos  todos e todas, non temos tempo de facer: conversar, xogar, ler, cociñar entre todos, limpar e ordenar a fondo, e tamén estar pendentes de que os nosos fillos e fillas repasen e reforcen un pouco os contidos xa traballados. Por suposto sen agobios, sen presións excesivas, pero, como hai máis tempo, con paciencia, reflexionando o que están estudando, reforzando eses contidos que vemos teñen máis dificultades e falando do que van aprendendo… Debe haber tempo para todo  e cremos que é positivo poñer un horario para traballar, de xeito que simule ser un pouco parecido á vida normal.

Estas orientacións que  imos poñer de como mellorar as aprendizaxes,  non son únicamente para estes días. Deben quedar  para que as leven á práctica á hora de estudar en calquera momento.

E sen máis, un saúdo cordial, agardando que o máis axiña posible volvamos todos a vida normal. Temos que ver isto como algo pasaxeiro. Durará máis ou menos pero pasará!!

 

Temas tratados na atención á diversidade

Pautas para atender á diversidade 2.019/2.020

Plan Departamento de Orientación 2019/2020

TEST EN 2º CURSO

 

No momento actual estanse a pasar nas clases de segundo curso de E. Primaria os test:  Bady G, test "Tale" , probas de comprensión lectora e tamén se pasará un sociograma.

Orientadora

FUNCIÓNS DA ORIENTADORA

Distribuir contido


by Dr. Radut