Skip to Content

Información

Distribución de máscaras ao alumnado

Instruccións para o reparto de máscaras ao alumnado ( orde do 28 de outubro de 2021).

Dende Consellería nos din que no anexo I da solicitude, publicado no Diario Oficial de Galicia, omitiuse o campo relativo aos datos do alumnado para o que se solicita a axuda.

Tendo en conta o breve prazo de presentación de solicitudes, esta información pódese incluír na cabeceira da solicitude, tal e como se indica no anexo que se achega.

Canción de final de curso "Live is life"

Estimadas familias, 

Este curso 2020/2021 chega ao seu fin e queremos despedilo cantando. Esperamos que o desfrutedes e desexámosvos a tod@s unhas boas e merecidas vacacións!!!

Sorriso

 

Colaboración do CEIP A GÁNDARA no Consello de Participación Infantil

O CEIP A Gándara recibe un certificado do Concello de Narón en recoñecemento á colaboración do alumnado de sexto curso de Educación Primaria no Consello de Participación Infantil organizado polo Concello a través do equipo de Educación Vial de Narón. A alcaldesa felicitou ao alumnado polas súas propostas de cubrir o Skatepark de A Gándara e construír un parque de Parkour, actuacións que foron trasladadas ao edil de Obras para analizar a súa viabilidade. Igualmente, comunicóuselle á alcaldesa a necesidade de implicación do Concello na prestación dos servizos de comedor e de almorzos no centro. 

Un clic para o cole

Axudemos ao noso centro educativo! Visita a web http://bit.ly/unclicparaelcole e participa na iniciativa de Amazon para apoiar aos centros educativos de maneira gratuíta.       

Amazon doará unha porcentaxe das túas compras en forma de crédito virtual que o centro poderá usar para solicitar os produtos que necesita.

 

Busca "A Gándara" no buscador de centros (Rúa Colmeote s/n) e despois selecciona unha das etapas educativas:

 

A Gándara (para Educación Infantil)

A Gándara Primaria (para Educación Primaria)

 

 

Entroido e queima do Meco 2021

A situación de pandemia provocada polo COVID-19 non nos permitirá este ano facer o desfile de entroido coa queima do Meco, nin compartir os doces típicos. Sen embargo, isto non nos impedirá pasalo ben mentres mantemos as medidas de seguridade precisas.

 

Deixámosvos aquí unha divertidísima parodia de "Tu cara me suena" na que o alumnado do CEIP A GÁNDARA reinterpreta grandes éxitos musicais dos últimos tempos:

 

 

 

E tamén vos achegamos o vídeo da queima do Meco deste ano 2021, que inclúe imaxes doutros anos e unhas coplas compostas e cantadas polo alumnado de 6º curso de Educación Primaria.   

Mandados do Meco (Venres)

 

Venres 12/02/2021

 

 

Venres, o último día da semana

trae o teu disfraz

que hai festa rachada!!!

Mandados do Meco (Xoves)

 

Xoves 11/02/2021

 

O xoves 

practica a ver como te moves

se o playback queres bailar 

os calcetíns terás que ensinar 

(tráeos por riba do pantalón)

Mandados do Meco (Mércores)

 

Mércores 10/02/2021:

 

O mércores 

aínda queda moita semana

trae algo ao revés 

para amosar interés 

Mandados do Meco (Martes)

 

Martes 09/02/2021:

 

Martes, martes, martes 

de que che gustaría disfrazarte? 

pois pensa en algo 

e trae unha das súas partes 

Mandados do Meco (Luns)

Estimadas familias: 

Comeza o Entroido e no CEIP A GÁNDARA ímolo celebrar como cada ano cos "mandados do Meco". Polo tanto, pedimos a vosa colaboración para que cada día da semana traian un aquel especial ata chegar o venres 12/02/2021 co disfrace completo (nesta ocasión o tema é libre): 

 

 

Luns 8 de febreiro de 2021:

 

LUNS A MÁSCARA NON PODE FALTAR 

PERO O QUE CHE QUEDA DE CARA PODES APROVEITAR 

VEREMOS QUE FRONTE TRAES 

MÁIS ESPECTACULAR! 

Distribuir contido


by Dr. Radut