Skip to Content

Información

RECORDATORIO COMEDOR

Hoxe queremos lembrarvos e pedirvos algunhas cousas.

. Avisade ao CENTRO ESCOLAR e máis ás TITORAS se os nenos quedan ou non no comedor, ANTES DAS 9:30 h.

. Lembrar aos usuarios que aínda non trouxeron a AUTORIZACIÓN PARA O COBRO e as normas firmadas, que o traian  URXENTEMENTE. Témolo que enviar canto antes á empresa de cáterin.

. No punto 3 de ditas normas, no que dicía que ían cobrar no mes en curso, dende a empresa aseguráronnos que van cobrar A MES VENCIDO, tal e como sempre fixeron.

. O alumnado de 3 e 4 anos pode traer unha muda na mochila por se teñen algún "escape" durante o servizo. Así, as monitoras poderían cambialo.

. Evitade, na medida do posible, a entrada no recinto escolar, tal e como facemos polas mañás.

Moitas grazas

 

Menús outubro

Velaquí tedes os menús de outubro para o noso comedor escolar.

Importante: COMEDOR ESCOLAR

 A partir do vindeiro luns 27 de setembro, ofrecemos aos nenos/as de comedor poder marchar ás casas ás 15:30h. As familias que desexen ese horario deben avisar no correo do colexio (ceip.gandara.naron@edu.xunta.es) para  que poidamos organizalo. Tede en conta que, se os recolledes a esa hora, será para tódolos días que queden no comedor, que os irmáns marcharán xuntos, e que case non lles dará tempo a xogar antes de saír con vós.  Os que non avisedes, esperarán a saír despois dese grupo e antes das 16:00 h como hora límite.  

 

  Un saúdo

Menú setembro 2021

COMEDOR: NORMAS E INSCRICIÓNS

Xunto coas normas e inscricións para o comedor, lembrámosvos a necesidade de traer certificado médico nos casos de ALERXIAS OU INTOLERANCIAS alimentarias.

Recordatorio: Comunicade tamén se @s nen@s veñen ou non antes das 9:30, para avisar á empresa ao seu debido tempo.

LISTAXES PROVISIONAIS DE COMEDOR

Xa están publicadas as listas PROVISIONAIS de alumnado admitido ao comedor no taboleiro interior do colexio.

O periodo de reclamacións remata o Xoves 15. As persoas que teñan  documentación pendente poden traela ata ese día.

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES DE USO DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2021-22

Publicadas a día de hoxe as instrucións para solicitar praza de comedor para o curso 2021_22.
Prazo de presentación presencialmente en ventanilla de administración do centro:
Do 29 de xuño ao 8 de xullo ambos os dous incluidos.
Pinchando nos enlaces colocados máis abaixo tedes os impresos de solicitude e as intrucións correspondentes.
 
 
28/06/2021 - 11:11
 
 
 

MENÚ DO MES DE XUÑO 2021

Menús comedor mes de maio

Correxido o erro nos menús do mes de maio. Día non lectivo o 14 de maio. Lectivo o martes 18.

MAIO.  Picade enriba do mes para ver o menú. 

MENÚ DO MES CURSO 2020- 2021

Distribuir contido


by Dr. Radut