Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Outros

Alimentos prohibidos no colexio durante este curso

Dada a cantidade de alumnado con alerxias e intolerancias alimentarias que hai no colexio, renovamos o listado de alimentos prohibidos e permitidos para as merendas, excursións, etc. 

Tedes máis información nos seguintes enlaces.

Alerxias infantil

Alerxias Primaria

 

ENQUISA DO CONCELLO DE NARON PARA COMPROBAR O NIVEL DE CONCILIACIÓN FAMILIAR DURANTE A PANDEMIA

O Concello de Narón está a realizar un estudo sobre a conciliación familiar e laboral durante o tempo de pandemia. Solicitanos que vos pasemos a información para que as familias podades cubrir a enquisa. É unha recollida de datos voluntaria e anónima pero sería interesante que a cubrisedes o maior número de familias posibles para que o estudo teña unha mostra representativa.

Carta solicitando colaboración.

Enlace para cubrir a enquisa.https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScwtX3gwHZrmrQgqiw2FSuh4gOQLRpXZMf5hdwGAeKHddAVGQ/viewform?usp=sf_link

Este enlace será enviado por abalar a todas as familias do centro que teñan descargado o programa.

Grazas a todos e todas por colaborar.

A directora.

AVISO AS FAMILIAS CON SISTEMA OPERATIVO IOS.

 Bo día,

Acabamos de detectar que os usuarios de IOS (dispositivos da marca Apple) están tendo problemas para ver as cualificacións dos/das seus/súasfillos/as (concretamente as de Educación Musical e Educación Artística no caso de Educación Primaria e tamén todos os ítems de Educación Infantil).

Consultamos esta incidencia coa UAC (Unidade de Atención a Centros) e comunícannos que para velas correctamente debedes descargar a nova versión de Abalar Móbil.

Aproveitamos a ocasión para desexarvos un bo Nadal e próspero 2021.

Un saúdo,

A dirección

 

PARABÉNS PARA O ALUMNADO DE SEXTO B GAÑADORES DO 1º PREMIO NAS III OLIMPIADAS DE ED. VIAL

Noraboa para o alumnado de sexto B do centro e para a súa titora Lucía Vellón. Hoxe, xoves 17 de decembro, participaron na final da III Olimpiada de Educación Vial organizada polo equipo de Ed. Vial do Concello de Narón, acadando o 1º premio.

Parabéns para todos.

A dirección.

Distribuir contido


by Dr. Radut