Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

ERRO NO LISTADO DE LIBROS DE TEXTO DE 3º DE E. PRIMARIA

Despois de atopar un erro no derradeiro número do ISBN do libro de Inglés de 3º Ed. Primaria, queda xa correxido no listado deste xeito:

 

TÍTULO

EDITORIAL

ISBN

ANO

GO!3 Student´spack

Richmond

978-84-668-2540-5

2018


PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDO LIBROS E CHEQUES DE MATERIAL

No taboleiro de anuncios, no interior do colexio, están publicadas as listaxes definitivas de axuda de Fondo de Libros e cheques de material.

As persoas que consten como solicitantes (ou as persoas que elas designen, coa pertinente autorización), e todos/as provistos do DNI, xa poden recoller os cheques en Conserxería en horario de 9:30 a 13:00 horas

A entrega de cheques farase desde o día 6 de xullo ata o venres 16 de xullo. De non pasar eses días, quedarán para recollerse a partir do 1 de setembro.

PUBLICADA A MEMORIA DE FINAL DE CURSO 2020_2021

Xa podedes consultar a Memoria de Fin de curso que foi aprobada en Claustro e Consello Escolar celebrados o día de hoxe.

MEMORIA FIN CURSO 20_21.

PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE FONDO LIBROS E CHEQUES DE MATERIAL

No taboleiro de anuncios do centro están publicadas as listaxes de axudas concedidas e denegadas de Fondo Libros e cheques de material.

Hai dous días para reclamacións 1 e 2 de xullo.

A semana do 5 ao 8 de xullo sairán as definitivas e a partir de aí sairán os cheques e as listaxes definitivas cos libros concedidos.

Os cheques se entregarán mentres o colexio permaneza aberto e os libros concedidos serán entregados no mes de setembro. Informaremos do día na web.

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES DE USO DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2021-22

Publicadas a día de hoxe as instrucións para solicitar praza de comedor para o curso 2021_22.
Prazo de presentación presencialmente en ventanilla de administración do centro:
Do 29 de xuño ao 8 de xullo ambos os dous incluidos.
Pinchando nos enlaces colocados máis abaixo tedes os impresos de solicitude e as intrucións correspondentes.
 
 
28/06/2021 - 11:11
 
 
 

CAMBIO DE HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO-HORARIO DE VERÁN

A partir do luns 28 de xuño e ata mediados de xullo, o novo horario de atención ao público será o seguinte:

De luns a venres de 9:30 a 13:00 h.

Martes pola tarde pechado.

Rogamos respeten o horario establecido.

Grazas. O Equipo Directivo.

Canción de final de curso "Live is life"

Estimadas familias, 

Este curso 2020/2021 chega ao seu fin e queremos despedilo cantando. Esperamos que o desfrutedes e desexámosvos a tod@s unhas boas e merecidas vacacións!!!

Sorriso

 

Revista do colexio "Alfar" Nº28

Neste curso 2020/2021 retomamos a elaboración da revista Alfar en formato dixital, con aportacións de todo o alumnado do colexio e coordinado polo seu profesorado.

Esperamos que vos guste e moitas grazas polo traballo realizado e pola vosa colaboración! 

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 21-22

A continuación tedes a listaxe de Libros de texto e material escolar para o vindiro curso 2021-22. Para velos so tedes que picar enriba.

Lembrade que o alumnado de 5º e 6º de primaria non terá libros de texto senón que disporán dun ordeador persoal onde estarán os libros dixitais. O que si teñen que mercar é o material da listaxe, incluidos os dous cadernillos de traballo.

LIBROS E MATERIAL DE 4º DE E. INFANTIL.

LIBROS E MATERIAL DE 5º DE E. INFANTIL.

LIBROS E MATERIAL DE 6º DE E. INFANTIL.

LIBROS E MATERIAL DE 1º DE E. PRIMARIA.

LIBROS E MATERIAL DE 2º DE E. PRIMARIA.

 LIBROS E MATERIAL DE 3º DE E. PRIMARIA

LIBROS E MATERIAL DE 4º DE E. PRIMARIA.

MATERIAL DE 5º DE E. PRIMARIA.

MATERIAL DE 6º DE E. PRIMARIA.

CONVOCATORIA XERAL ORDINARIA DE REUNON DA ANPA A BUXAINA

Circular da convocatoria.

 

A reunión está convocada para o xoves 17 de xuño as 16:30 h. no patio do colexio.

Distribuir contido


by Dr. Radut