Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Solicitudes feitas ao Concello

Versión para impresoraVersión PDF

Esta semana fixemos dúas solicitudes ó Concello de Narón.

A primeira, relacionada coa limpeza:

Os baños de infantil do centro escolar necesitan de alguén que os limpe ó longo da mañá. Os pequenos están aprendendo a facer as súas necesidades, o cal ocasiona que o chan estea mexado dende ben cedo e que o baño bote un cheiro noxento durante todo ese tempo. A media mañá os pequenos non queren usar o baño por esa mesma razón.

Tanto a ANPA coma o colexio pensamos que isto é intolerable e gustaríanos que se atopase unha solución canto antes.

A segunda, co aparcamento e o Bica e arrinca:

A circulación e aparcamento na entrada do CEIP A Gándara no horario de entrada ó centro, non se está levando como nos dixeron que se faría. Non se están poñendo conos para evitar o aparcamento, e a policía local non está case ningún día, ou chega ás 8:55, cando xa está cheo o aparcamento. A propia policía local aparca con frecuencia nos aparcamentos que non se deberían utilizar. Solicitamos a presencia da policía local con maior frecuencia.

Con respecto ó Bica e arrinca, con moita mágoa debemos dicir que no noso colexio non funciona. As nais e pais que o fan correctamente vense impedidos porque outros pais utilizan o espazo para aparcar ou porque baixan do vehículo, etc.

Nós esperabamos unha entrada do colexio libre, na medida do posible, de vehículos, que fora un espazo no que os nosos fillos puideran estar sen perigo, pero isto parece unha utopía.

Sentimos moito dicir isto, pero vemos necesario medidas disuasorias para a seguridade dos nosos fillos e fillas, e, especialmente, para os nenos e nenas usuarios dos Camiños escolares seguros e do Bica e arrinca.

 

 

 

 

 



directivo | by Dr. Radut