Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Axudas

Axudas para o alumnado con neae

BECAS NEAE

OLLO! O DÍA 20 REMATA O PRAZO PARA SOLICITAR AS BECAS PARA O ALUMNADO NEAE.

CLICA PARA TER MÁIS INFORMACIÓN

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO .CURSO 23/24

 de María Julías

Ampliación das axudas para adquirir material escolar

No DOG do día 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022, que establece que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación.

Poderedes recoller dito vale no colexio e debe empregarse preferentemente na libraría ou establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

A partir do luns poderemos xerar os vales na aplicación informática Fondolibros.

Dende mañá martes, os solicitantes poden recoller ditos vales, e deberedes vir provistos do DNI.

 

BOLSAS NEAE

 

 Prevese que as  bolsas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo saian a partir do mes de maio. As familias que estean pendentes delas teñen máis información neste enlace da web do Ministerio

 

 

Bolsas 2022-23

O sábado 10 de marzo publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.

Modifícanse os prazos e o procedemento de xestión das solicitudes.

O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.

A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

Nunha 1ª Fase preténdese realizar as comprobacións económicas.
As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.

Nunha 2ª fase informarase os solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede.
Doutra banda, informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.

Máis información na seguinte ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

AXUDAS TRANSPORTE

Convocadas as axudas individualizadas para transporte. O prazo remata o 27 de setembro

CONVOCADAS AXUDAS PARA ALUMNADO DE NEAE

Convocadas axudas para alumnado con necesidades educativa especiais. Hai que cubrir a solicitude directamente na web e entregala logo no centro. Se precisades axuda concertade unha cita coa orientadora.

Información e enlace para cubrila. Picade enriba.

O prazo remata o 30 de setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut