Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Ampliación das axudas para adquirir material escolar

Versión para impresoraVersión PDF

No DOG do día 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022, que establece que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación.

Poderedes recoller dito vale no colexio e debe empregarse preferentemente na libraría ou establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

A partir do luns poderemos xerar os vales na aplicación informática Fondolibros.

Dende mañá martes, os solicitantes poden recoller ditos vales, e deberedes vir provistos do DNI.

 



directivo | by Dr. Radut